O XOVES aproveitamos para seguir a plantar mais plantas que nos cederon os nosos amigos do Parque Natural. Estas plantas incorporaranse aos lirios que xa estamos a coidar. Para a vindeira semana comezaremos de cheo a coñecer mais sobre a flora do Parque, dado que xa coñecemos moito da súa fauna.
Para plantar as diferentes plantas armámonos de utensilios e saímos ao patio do colexio.
Tras moita terra carrexar fomos plantando as diferentes plantas en tres caixóns.
Ao rematar de plantar as diferentes plantas regámolas
Despois de tanto traballar sentámonos a descansar un pouquiños xunto coas nosas plantas
E finalmente levamos as plantas ao noso recuncho do Parque Natural para incorporalas co resto de cousiñas que levamos feito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario