Para esta sesión tivemos o pracer de contar co Dr. Pedro
Araújo Nespereira, xeólogo, doutor e decano da Facultade de Ciencias do Campus de
Ourense, persoa que coñece mellor que ninguén as características das augas
termais nesa provincia.
Como dixo Leonardo da Vinci, “a auga é a forza motriz da
toda a natureza”. E esa forza nos trouxo a todo un decano a este pequeno centro
público, cosa nada habitual e pola que temos que estar agradecidos, tanto a
Alberto, o mestre de infantil, por contactar con el, como ao propio decano, por
vir ao noso centro de forma desinteresada. Tamén damos as grazas a Patricia, a nosa mestra de Inglés, por realizar as fotos da sesión.
O titor de 3º e 4º, David Alonso, presentando ao Dr
Araújo Nespereira
O tema da charla: "As augas termais"
Explicando aos tenos que é a xeoloxía e cal é o traballo
dun xeólogo
Introducindo aos nenos e nenas na teoría da deriva
continental
Repasando as capas interiores da Terra e introducindo aos
nenos e nenas na teoría da tectónica de placas
Explicando os tipos de fallas que pode haber
Expoñendo os tipos de auga mineral que existen
Preguntando aos nenos e nenas os usos da auga
Observando gráficamente as temperaturas das distintas
capas da
codia dunha zona determinada
Analizando as fallas características desta zona
Observando as características xeotérmicas e as fallas deste Parque Natural
Tratando as aplicacións terapéuticas das augas termais
Como os nenos de 3º e 4º preparamos todos estes temas nas nosas sesións de investigación, o Dr. Araújo quedou impresionado cos coñecementos que tiñan sobre a materia.
Alumnos e alumnas atendendo á charla








No hay comentarios:
Publicar un comentario