DATA: 22/04
O VENRES celebramos o día do libro e aproveitamos para neste festexo seguir traballando sobre o noso proxecto "Coñecemos Lobios". Realizamos marcapáxinas para intercambiar cos nosos padriños lectores.


Despois de que os nosos padriños nos leran diferentes libros intercambiamos os marcapáxinas e así temos marcapáxinas dos outros bloques temáticos sobre COÑECEMOS LOBIOS que se están traballando nas diferentes aulas do colexio.




No hay comentarios:
Publicar un comentario