jueves, 12 de mayo de 2016

TERMALISMO SESIÓN 11 - FACENDO UN VOLCÁN

     Aínda que o fenómeno do termalismo nesta zona non ten que ver coa existencia de volcáns, imos realizar un volcán para que os alumnos saiban por que se orixinan e a incidencia que ten a calor das capas interiores da Terra na formación dos mesmos.

     Primeiro tivemos que elixir os materiais que iamos usar e a forma na que o iamos a elaborar, xa que pretendemos que o noso volcán sexa activo, co que tamén contaremos con elementos que, combinados, reaccionarán químicamente dándonos unha simulación parecida ao que ocorre en realidade cando un volcán entra en erupción. 

 Para a realización deste proxecto contamos de novo coa colaboración de Toña, 

Sobre un cono feito de cartolina pegamos flocos de millo


Enchemos o cono con papel de xornal para darlle consistencia


Cómense os flocos de millo sobrantes

Colocamos un recipiente de cristal sobre a base de papel de xornal


Cortamos o fósforo do misto para prendelo posteriormente

Pintamos o volcán de cor marrón

 


Colocamos escuma para simular a lava do volcán e a pintamos de vermello cun pincel




Agúns nenos e nenas conseguiron cortiza de piñeiro. As machacamos e pintamos para colocalas rodeando o volcán


Pintamos anacos de madeira cortados previamente por Toña para acoutar o noso volcán







Pintamos a base de cor marrón escura




Pegamos a madeira nos bordes do noso proxecto con silicona



Pintamos os trozos de piñeiro de cor negro

Metemos os trozos rodeando o volcán


Este é o resultado final


Para facer un experimento con cerillas que simule un volcán activo, Toña fíxonos outro volcán que usaremos para experimentar. Grazas Toña!













No hay comentarios:

Publicar un comentario