DATAS: Dende o xoves 05/05 ata mércores 11/05
Unha vez rematadas as fichas das plantas que logo incorporaremos ao noso panel final, dende o Xoves 5 de maio ata o Mércores 11 de maio vamos seguir coñecendo plantas do Parque Natural, pero coa finalidade de realizar un libro de consulta tanto para o alumnado de Infantil como para o resto de alumnado do colexio.
Para elo temos un libro de bambú no cal recolleremos a mesma información que nas fichas das plantas (nome, foto da planta, folla da planta, tipo de planta segundo o talo e tipo de planta segundo a folla).
O XOVES comezamos a realizar o noso libro coa mostra dun PIÑEIRO DO PAÍS.Para elo, os encargados de escribir na ficha son, Hugo (mesa do barco) que escribe a infomración e Helena (mesa da illa) que completa coa imaxe e a mostra da planta.Tralo visionado da imaxe do piñeiro do país chegamos á conclusión de que é unha árbore de folla perenne.
Unha vez rematada esta primeira folla do noso libro de consulta sobre as plantas continuamos realizando a segunda páxina deste libro. Para elo vamos a coñecer mais cousas da CERDEIRA. Tras vela imaxe da cerdeira e manipular a folla desta planta chegamos á conclusión de que é unha árbore de folla caduca. Os encargados de escribir no libro son Fátima (mesa do barco) e de colocar a imaxe e a mostra desta árbore Sergio (mesa da illa).
O VENRES incorporamos dúas novas plantas ao noso libro. A primeira de elas é o CIPRÉS. Para elo visionamos a imaxe dun ciprés e manipulamos unha pola desta planta. Chegamos á conclusión de que é unha árbore de folla perenne. Os encargados de agregar a información ao noso libro das plantas son Candela (mesa do barco) para escribir a información e Jade (mesa da illa) para colocar a imaxe e a pola do ciprés.
Continuamos coñecendo a planta do MADROÑO. Visionamos a imaxe do madroño e manipulamos unha folla desta planta e chegamos á conclusión de que é pode ser unha árbore ou un arbusto (dependendo do tamaño) de folla perenne. A encargada de escribila información é Leticia (mesa do barco) e Aitor (mesa da illa) é o encargado de engadir a imaxe e a folla desta planta.
O LUNS da semana seguinte continuamos con dúas plantas novas para o noso libro de consulta. Primeiro coñecemos a planta do TOMILLO. Coas imaxes do tomillo e manipulando unha pola desta planta concluímos que se trata dun arbusto de folla perenne. Encárganse de aportar a información ao Libro escribindo, Alba (mesa do barco) e aportando a imaxe e a pola do tomillo Jose Luis (mesa da illa).
Continuamos coñecendo a carqueixa. Coas imaxes e a manipulación da pola desta planta acordamos de que se trata dunha herba de folla perenne. Encárgase de engadir as letras ao libro de consulta Aarón (mesa do barco) e Lucía (mesa da illa) engade a imaxe e unha herbiña de carqueixa.
O MARTES pola tarde volvemos a engadir dúas novas plantas ao noso Libro. A primeira delas é o OLMO. Tralo visionado de imaxes e a manipulación da folla desta planta chegamos á conclusión de que é unha árbore de folla caduca. Encárgase de anotar no Libro Marcos (mesa do barco) e de engadir a imaxe e unha folla de mostra Óscar (mesa da illa).
Acto seguido, proseguimos coñecendo a XESTA BRANCA. A través das imaxes e da manipulación dunha pola desta planta decidimos que é un arbusto de folla perenne. Encárgase de anotar no Libro Hugo (mesa do barco) e de engadir a imaxe e unha pola desta planta Lucía (mesa da illa).
O MÉRCORES rematamos o libro de consulta das plantas coas dúas últimas especies. Primeiro coñecemos o ESTRALOQUE. Visionamos imaxes e manipulamos un estraloque chegando á conclusión de que é unha herba de folla perenne. Anota no Libro Candela (mesa do barco) e engade a imaxe e un estraloque Helena (mesa da illa).
Finalmente engadimos ao noso Libro a última especie, o TOXO. Visionando imaxes e manipulando un toxo grande chegamos á conclusión de que é un arbusto de folla perenne. Encárgase de anotar a información na última das páxinas do noso Libro Fátima (mesa do barco), e de engadir un pedaciño de toxo con moito coidadiño e a imaxe desta planta Sergio (mesa da illa).
No hay comentarios:
Publicar un comentario