Nesta
última sesión de investigación trataremos de forma específica o
fenómeno das augas termais na zona do Xurés, retomaremos a súa
definición estudada na sesión de introdución, a súa localización
e cómo poden subir despois a superficie.
Se chaman augas termais ás augas minerais que saen do solo con máis de 5ºC ca temperatura superficial. Estas augas proceden de capas subterráneas da Terra que se encontran a maior temperatura. Polo xeral encóntranse ao longo de liñas de fallas, xa que poden introducirse as augas subterráneas que se quentan ao chegar a certa profundidade e soben despois en forma de vapor (géiser) ou auga quente.
Agora que sabemos moitas cousas sobre as capas subterráneas da terra, o fenómeno das falllas, a formación das montañas, dos volcáns e dos géiser así como sobre a auga mineral, é momento de poñer todo xunto para entender de forma precisa o fenómeno do termalismo.
Tamén veremos a súa clasificación segundo que temperaturas que teñen, repasaremos a lenda explicada pola nai de Uxía sobre o río Limia, entenderemos qué implica que unha zona sexa considerada Parque Natural, os beneficios que aportan ao noso organismo estas augas.
Héctor falando sobre as características das augas termais desta zona e as súas propiedades terapéuticas

No hay comentarios:
Publicar un comentario