jueves, 14 de abril de 2016

ACTIVIDADES COMÚNS: SESIÓN 4, FAUNA COS BIÓLOGOS DO PARQUE

DATA:14/04

O XOVES tivemos a visita dos nosos amigos do Parque Natural. Hoxe visitáronos Alberto e Adrián, dous biólogos do Parque os cales nos van a ensinar mais cousas sobre os animais do Parque. Subimos todos á biblioteca e comezamos a descubrir mais cousas sobre os nosos animais.

















Unha vez rematada a charla do biólogo Alberto, dirixímonos a outra aula do cole para realizar un obradoiro de pegadas de animais. Neste obradoiro vimos restos óseos da fauna do Parque e tamén aprendemos a recoñecer a pegada do lobo. Finalmente fixemos a nosa pegada do lobo para ter de recordo e lembrar todo o que aprendemos no día de hoxe.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario