viernes, 1 de abril de 2016

TERMALISMO - SESIÓN 5. INVESTIGANDO - FASE 3: MONTAÑAS, VOLCÁNS E GÉISERES

     Nesta ocasión veremos por qué se forman as montañas, repasaremos o fenómeno da erosión, aprenderemos cousas sobre os volcáns e os géiseres e pensaremos con qué materiais poderemos facer un volcán, traballo que faremos en sesións finais.
No vídeo imos vemos exemplos moi doados da formación das montañas na superficie terrestre. Isto quizais nos daporte algunhas ideas, pero deixarémolas para máis adiante.

Vania sinalando as distintas partes dunha montaña

    Nesta ocasión trataremos o tema dos volcáns: cómo son, qué partes os forman e por qué se producen. Do mesmo xeito saberemos cal é o volcán máis famoso de España.
 
 Neste vídeo veremos con estes debuxos animados por qué vapor a presión pode formar un géiser, uns dos fenómenos máis extraños e fermosos que existen na natureza.

Aquí temos unha mostra do fenómeno géiser en Islandia, un país situado ao norte Europa.
     

    Para rematar terán que debuxar unha montaña, un volcán e un géiser tendo que distinguir as partes mais salientables. 








David explicando como se produce un géiser

No hay comentarios:

Publicar un comentario