DATAS: Dende o Luns 11/04 ata mércores 20/04
Seguimos a traballar no noso bloque do proxecto. Durante esta semana traballamos unha serie de fichas para afondar nos animais do Xurés. Para elo, o noso amigo PANCHOLIÑO axudaranos durante estes días para coñecer mais cousas sobre os animais, ao igual que xa fixo días atrás. Pancholiño deixaranos unha dirección URL e un usb donde se alberga esa dirección web para subir á biblioteca e ver os vídeos sobre os distintos animais. Unha vez situados na biblioteca, comezamos por recordar os animais que vamos a coñecer (aguia, cabra, vaca, lobo, raposo, cabalo, xabarín).
Seguimos a traballar no noso bloque do proxecto. Durante esta semana traballamos unha serie de fichas para afondar nos animais do Xurés. Para elo, o noso amigo PANCHOLIÑO axudaranos durante estes días para coñecer mais cousas sobre os animais, ao igual que xa fixo días atrás. Pancholiño deixaranos unha dirección URL e un usb donde se alberga esa dirección web para subir á biblioteca e ver os vídeos sobre os distintos animais. Unha vez situados na biblioteca, comezamos por recordar os animais que vamos a coñecer (aguia, cabra, vaca, lobo, raposo, cabalo, xabarín).
O LUNS coñecemos a AGUIA.
Primeiramente vemos a ficha que vamos a cubir para logo incorporala ao panel do noso bloque que realizaremos ao final o noso proxecto. A ficha preséntanos unha serie de ocos nos cales temos que colocar as imaxes de información. Coas fichas vamos a coñecer a alimentación, como nacen, o nome en inglés e o medio polo que se desprazan os diferentes animais.
Despois vamos onde Pancholiño para ver que nos deixou para axudar a coñecer este animal:
Despois subimos a biblioteca e vimos un vídeo para coñecer os datos que non sabíamos, xa que algún xa o coñeciamos.
Despois de ver o vídeo empezamos a cubrir a ficha da aguia. Xa que temos 7 fichas a cubrir, vamos a cubrila por parellas (un alumno/a do barco xunto con un alumno/a da illa), traballando cooperativamente. Hoxe tocoulle completar a información da ficha a Sergio e Fátima. Recortaron e pegaron as imaxes para cubrir a información....
... A continuación baixamos a aula para que Sergio e Fátima expliquen a ficha que elaboraron da aguia presentándoo ao resto de compañeiros e compañeiras.
Finalmente engadimos esta primeira ficha a nosa decoración para posteriormente, incorporala ao panel final.
Ademais, o luns tamén fixemos fotos de como o alumnado coida os nosos lirios, xa que estivo toda a fin de semana sen ser regado. Un deles xa está moi crecido!!!!
O MARTES coñecemos mais cousas sobre o RAPOSO. Os encargados de cubrila ficha do raposo son Marcos (mesa do barco) e Lucía (mesa da illa). Nesta ficha ao igual que no resto de fichas sobre os animais coñeceremos o nome en inglés, a alimentación, como nace e por onde se despraza o raposo.
Para elo, volvemos á biblioteca para coñecer mais sobre este animal a través dos vídeos que nos agardan. Primeiramente vemos dous vídeos sobre o raposo:
Posteriormente cubrímola ficha coas imaxes:
Despois baixamos a aula para que os encargados da ficha lla ensinen ao resto de compañeiros e compañeiras antes de incorporala ao noso recuncho:
O MÉRCORES foi o día no que traballamos a ficha do CABALO. Os encargados de traballar coa ficha do cabalo foron Alba (mesa do barco) e Aitor (mesa da illa).
Comezamos ao igual que nos días anteriores visitando ao noso amigo Pancholiño e descubrir a axuda que nos deixou no día de hoxe.
Seguimos o día, subindo á biblioteca para ver o vídeo no cal coñeceremos mais cousas sobre este animal.
Unha vez visto o vídeo, Alba e Aitor comezan a cubrir a ficha incorporando a ficha do name (horse), alimentación (herbívoro), por onde se despraza (terra) e de como nace (ventre da nai).
Finalmente baixamos a aula para incorporar a nosa nova ficha ao recuncho do Parque, unha vez que os nosos encargados de cubrir dita ficha lla expliquen ao resto de compañeiros unha vez mais para que todos aprendamos mais sobre o cabalo.
O VENRES, adicámonos a coñecer o XABARÍN. Para elo os elixidos para cubrila ficha do animal son Aarón (mesa do barco) e Jose Luis (mesa da illa).
Primeiramente visitamos a Pancholiño para coller o usb coa url que nos permite ver o vídeo do xabarín.
Subimos á biblioteca para ver o vídeo sobre o xabarín e recadar a información que precisamos para cubrir a ficha sobre o animal e así poder colocar as imaxes correspondentes de información.
Tralo visionado do vídeo Aarón e Jose Luis encárganse de cubrila ficha.
Finalmente rematamos baixando a aula para recordar o aprendido sobre este animal e así poder incorporar a ficha ao noso recuncho do Parque.
Como hoxe e venres, pola tarde decidimos facer algo lúdico e divertido. Aproveitando que traballamos os animais durante toda a semana, vamos a realizar o decorado de animais do parque con anaquiños de papeis de cores.
O alumnado vai decorando os animais con pedaciños de papeis de cores e o resultado foi o seguinte:
Despois incorporámolos á decoración do noso recuncho:
Continuamos durante esta semana rematando o proceso de coñecer todos os animais que decidimos afondar do Parque Natural. O LUNS coñecemos un novo animal: O LOBO. Para elo traballaremos a seguinte ficha da cal se encargarán de por as imaxes de información Jade (mesa da illa) e Candela (mesa do barco).
Primeiramente fomos onde Pancholiño para coñecer que nos deixou para ver na biblioteca.
Despois subimos co que Pancholiño nos deixou para ver os dous vídeos do lobo.
Despois os encargados de cubrila ficha séntanse a cubrila coa información que recadaron (nome en inglés: wolf; alimentación: carnívoro; desprazase: pola terra; nace de: ventre da nai).
Finalmente para acabar o día baixamos a aula para que expliquen as encargadas a ficha ao resto de alumnado para logo incorporala ao noso recuncho do Parque Natural
O MARTES continuamos coñecendo os animais. Coñecemos a vaca cachena. Os encargados de cubrila información da ficha son Hugo (mesa do barco) e Óscar (mesa da illa).
Primeiramente os encargados van a descubrir o que Pancholiño nos deixou para coñecer mais sobre este animal.
Subimos á biblioteca e vemos os vídeos para afondar nos nosos coñecementos sobre a vaca cachena.
Os encargados, Óscar e Hugo cubriron a ficha da vaca cachena
Logo baixamos a aula a explicarlle a todos o que aprendemos hoxe a través da ficha da cachena, antes de incorporala ao noso recuncho do Parque.
O MÉRCORES traballamos o último dos animais do Parque Natural, A CABRA MONTESA. Para elo, as encargadas de encher a ficha coas imaxes de información son Leticia (mesa do barco) e Helena (mesa da illa).
Primeiramente visitamos ao noso amigo Pancholiño para coñecer que nos deixou nesta ocasión para axudarnos a saber mais cousas sobre a cabra montesa.
Despois subimos á biblioteca para coñecer o que a URL que Pancholiño nos deixou. Vemos o vídeo sobre a cabra montesa para coñecer de onde nace, que come e como se despraza, ademais do nome en inglés da cabra.
Despois do visionado do vídeo, Leticia e Helena cobren a fichas coas imaxes de información.
Finalmente volvemos a aula e as nosas encargadas da ficha da cabra volven a recordarlle ao resto de alumnado o que aprendemos da cabra (alimentación: herbívora; nace do ventre da nai; desprazase pola terra e o seu name é Goat). Despois engadimos a última ficha dos animais ao noso recuncho do Parque Natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario