DATAS: dende o Luns 25/04 ata mércores 04/05
Agora que xa coñecemos ben a fauna do Parque Natural, vamos seguir afondando na flora do Parque, xa que dende que comezamos o proxecto xa plantamos varais especies de plantas para coidalas, observar o seu proceso de crecemento e tamén concienciarnos da importancia da flora para o seu coidado e conservación.
Agora que xa coñecemos ben a fauna do Parque Natural, vamos seguir afondando na flora do Parque, xa que dende que comezamos o proxecto xa plantamos varais especies de plantas para coidalas, observar o seu proceso de crecemento e tamén concienciarnos da importancia da flora para o seu coidado e conservación.
Hoxe que é LUNS, primeiramente, vamos coñecer e aprender unhas pequenas cousas sobre as plantas para aprender mellor a diferencialas. Para elo subimos á biblioteca. O profe ensínanos o tipo de plantas segundo o talo (herba, arbusto e árbore)
Ademais tamén aprendemos a diferenciar o tipo de folla (caduca ou perenne)
Despois de aprender estas novas cousiñas sobre as plantas, baixamos onde o noso amigo PANCHOLIÑO para coñecer que axuda nos deixou nesta aventura de coñecer as plantas. Hoxe deixounos unha folla:
Con esta folla volvemos á biblioteca para aprender mais sobre ela e coñecer o nome da árbore que a contén. O profe ensínanos a árbore que se chama eucalipto e manipulamos a folla de esta árbore para coñecela mellor:
Agora que xa sabemos de que árbore é esa folla, vamos a cubrir unha ficha para incorporala ao noso panel final sobre o Parque Natural. Na ficha colocaremos a folla, e poremos imaxes atendendo ao tipo de talo da árbore (herba, arbusto ou árbore), e atendendo ao tipo de folla (caduca ou perenne)
Ao igual que fixemos cando traballamos as fichas da fauna, a ficha é cuberta por un neno/a da mesa da illa (Jade) e un neno/a da mesa do barco (Marcos). Os dous encargados de realizar a ficha pegan a folla desta árbore e cobren os ocos coas imaxes de información correspondentes (árbore de folla perenne).
Unha vez cuberta a ficha sobre esta planta baixamos a aula e os encargados de realizar a ficha volven a explicarlle e recordarlle ao resto de alumnado o tipo de talo e de folla que ten esta planta.
Despois manipulamos novamente unha pola de eucalipto que os nenos e nenas trouxeron ao principio do proxecto para decorar o recuncho do Parque Natural e finalmente incorporamos a ficha ao noso recuncho do Parque.
O MÉRCORES continuamos coñecendo as plantas. Para elo vamos onde Pancholiño para ver que axuda nos deixou no día de hoxe:
Subimos á biblioteca para coñecer mais sobre a folla que Pancholiño nos deixou. É a folla dun piñeiro salvaxe ou manso. O profe ensínanos unhas fotos desta árbore e eliximos como encargados de realizar esta ficha a Lucía (mesa da illa) e Hugo (mesa do barco).
Primeiramente antes de cubrir a ficha coas imaxes de información, manipulamos unha pola pequeniña desta planta para ver e coñecer as súas follas en forma de agulla. Despois de pasar por todos nos a folla e de ver as imaxes acordamos que esta planta é unha árbore de folla perenne (xa que os piñeiros teñen esas agullas todo o ano).
Unha vez rematada a ficha voltamos a aula e os encargados de hoxe recórdanlle aos seus compis o tipo de planta que é e o tipo de folla (árbore perenne). Despois volvemos a manipular unha pola de maior tamaño de esta árbore que os nenos/as trouxeron para decorar o noso recuncho do Parque ao principio do proxecto e para rematar o día incorporamos esta ficha ao noso recuncho do Parque.
O XOVES descubrimos unha nova planta que o noso amigo Pancholiño nos deixou, desta vez é un pedaciño de romero. Collemos o romero e subimos á biblioteca para coñecer mais sobre esta planta.
Comezamos a coñecer mais sobre esta planta a través dunhas imaxes do romero á vez que a inspeccionamos un a un tódolos nenos e nenas. Chegamos á conclusión de que é un arbusto de folla perenne.
No día de hoxe os elixidos para cubrir a ficha do romero son Óscar (mesa da illa) e Candela (mesa do barco). Entre os dous cobren os datos da ficha pondo a folla, a imaxe do arbusto e a imaxe de planta perenne..
Ao rematar baixamos a aula de novo para que ámbolos dous lle recorden ao resto de alumnado o que aprendemos sobre o romero mentres manipulamos un pedazo de romero (que ule moi ben) que temos no noso recuncho do Parque. Finalmente incorporamos a ficha ao noso recuncho.
O VENRES continuamos a descubrir e coñecer mais plantas do Parque Natural. Para elo vamos onde Pancholiño para coñecer que nos deixou no día de hoxe. Desta vez deixounos a folla da xarxa (salvia).
Subimos á biblioteca para coñecer mais sobre esta planta. A través da imaxe da planta e despois de moito conversar e manipular as follas da xarxa chegamos á conclusión de que é un arbusto de folla perenne.
Os encargados de cubrir a ficha da xarxa son Aarón (mesa do barco) e Helena (mesa da illa). Pouco a pouco van pondo as imaxes de información na ficha.
Unha vez rematada a nosa ficha sobre a xarxa, dirixímonos a aula para que os encargados da ficha de hoxe volvan a explicarlla ao resto de nenos e nenas mentres manipulamos unhas folliñas de xarxa que tiñamos no noso recuncho do Parque Natural. Finalmente incorporamos este ficha ao noso recuncho.
Continuamos co noso descubrimento de diferentes plantas do Parque Natural. Hoxe LUNS volvemos onde Pancholiño para ver que folla nos deixou no día de hoxe para logo subir á biblioteca para aprender mais sobre ela. Hoxe deixounos unha folla de acivro.
Unha vez situados na biblioteca comezamos a manipular a folla que nos deixou Pancholiño e tamén a través da imaxe do acivro chegamos ao consenso de que é unha árbore de folla perenne.
Hoxe os encargados de cubrila ficha de imaxes sobre o acivro son Sergio (mesa da illa) e Alba (mesa do barco). Pouco a pouco poñen a folla do acivro e a imaxe de árbore e de folla perenne.
Unha vez rematada a ficha de información do acivro volvemos a aula para que os encargados da ficha de hoxe lles recorden ao resto de compis o que aprendemos mentres manipulamos follas de acivro que temos no recuncho do Parque Natural. Finalmente incorporamos esta nova ficha ao noso recuncho.
O MARTES seguimos coñecendo mais plantas do Parque. Desta vez Pancholiño deixounos unha folla dun carballo. Subimos á biblioteca e nomeamos de encargados de cubrir a ficha do carballo a Aitor (mesa da illa) e Fátima (mesa do barco).
Unha vez manipulado a folla que nos deixou Pancholiño e visto as imaxes do carballo chegamos á conclusión de que é unha árbore de folla caduca. Aitor e Fátima cobren a ficha desta árbore coas imaxes de información.
Unha vez rematada a ficha sobre o carballo regresamos a aula pra que os encargados de cubrir a ficha lles recorden ao resto de nenos e nenas que aprendemos sobre o carballo (árbore de folla caduca). Manipulamos tamén follas do carballo e finalmente engadimos esta ficha ao resto de fichas sobre as plantas que temos no noso recuncho do Parque.
O MÉRCORES é o último día que traballamos as fichas sobre as plantas do Parque Natural. Para elo volvemos onde Pancholiño para descubrir a última folla que nos deixou. Hoxe deixounos unha folla moi parecida á do día de onte, é unha folla dun carballo americano. Subimos á biblioteca para coñecer mais sobre esta planta e en qué se diferenza do carballo.
A través da manipulación da folla do carballo americano e das imaxes de esta planta chegamos á conclusión de que é unha árbore de folla caduca. Ademais aprendemos a diferenciar o carballo americano do carballo a través da cor das súas follas (pardas/vermellas no caso do carballo americano; verde no caso do carballo).
Eliximos para cubrir esta última ficha das plantas a Alba (mesa do barco) e Jose Luis (mesa da illa). Entre os dous cobren a ficha coas imaxes de información.
Ao rematar a ficha de información do carballo americano voltamos á aula pra que os encargados da ficha lles recorden ao resto de compis o aprendido no día de hoxe mentres manipulamos follas do carballo americano e comprobamos a coloración diferenciada (parda) con respecto ao carballo (verde). Finalmente incorporamos esta última ficha das plantas ao noso recuncho do Parque Natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario