Os alumnos de 1º estamos todos entusiasmados co noso proxecto, gustounos moito o bloque que eleximos.
Logo da presentación do proxecto por parte da mestra, a nosa aula púxose mans á obra!!! e empezamos decorando e facendo o noso rincón romano.
O primeiro foi subir a biblioteca e facer unha busca de todos os libros que falasen dos romanos, coa axuda da mesta atopamos moito material.
Despois estivemos elaborando unha choiva de ideas sobre o, que sabemos? e o, que queremos saber? o final deste proxecto.
Tamén coñecemos a un novo habitante da clase, `` VESPASIANO´´, o emperador romano, que gobernaba na época que se mandou construir a Vía Nova.
Este persoaxe iranos deixando sorpresas, notas, fichas...que irán guiando o noso traballo e as nosas investigacións.
COMO NOS GUSTA ESTE PROXECTO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario