Antes de irnos de vacacións de Semana Santa, pedimos a colaboración dos papás e mamás para que durante as vacacións vaian de excursión cos nenos e nenas e se fagan fotos nos distintos lugares do Parque para que despois todos coñezamos eses lugares que elixiron e que nos conten en asemblea porque lles gustan eses lugares
Ademais tamén acordamos que durante estas vacacións recolleremos follas das árbores e plantas do Parque para incorporalas a nosa decoración e mais adiante coñecer todos algo mais de esas follas.
Para rematar a sesión antes de vacacións regamos os lirios que plantamos para que sigan medrando na nosa ausencia pola festividade de Semana Santa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario