viernes, 26 de febrero de 2016

PARQUE NATURAL: SESIÓN 3, DECORAMOS O RECUNCHO

Agora que xa sabemos que animais vamos a coñecer, decidimos en asemblea que temos que adicarlle un recuncho da nosa aula ao Parque Natural. Tras decidir o lugar onde establecer ese recuncho, pómonos todolos nenos e nenas de Infantil mans a obra, para decorar o noso espazo do Parque Natural.

Durante a semana adicámoslle un ratiño tódolos días a decoración do noso recuncho. Comezamos montando unhas mesas as cales lle vamos a dar un toque de verde, moi apropiado e relacionado co Parque Natural e a natureza. Tamén decoramos as cristaleiras do noso recuncho, cunhas letras e pintando os animais que vamos a coñecer e un lirio que só existe no Parque da Serra do Xurés: O Lirio do Xurés.










No hay comentarios:

Publicar un comentario