Despois da presentación aos nenos e nenas do noso Bloque de traballo e o festexo do Entroido, pómonos máns a elo, e empezamos a coñecer os animais que temos polo Parque. Para elo, a mascota da biblioteca PANCHOLIÑO vai axudarnos sempre que teñamos que ir á biblioteca a buscar información en Internet sobre os animais ou calquera outra información sobre o Parque Natural.
Dirixímonos onde Pancholiño e descubrimos o que nos deixou para axudarnos: unha URL e un USB no cal podemos atopar dita dirección web para ver un vídeo sobre os animais do Parque.
Subimos á biblioteca, e tralo visionado do video, chegamos a un acordo. Vamos a coñecer e saber o seu nome en inglés, o que comen, como se desprazan e como nacen os seguintes animais: cabalo, vaca cachena, lobo, raposo, aguia, cabra montesa e o xabarín.
Deixámosvos o vídeo dos animas que vimos e así todos poidades ver tamén:
No hay comentarios:
Publicar un comentario