Despois do gran traballo que nos levou elaborar os nosos disfraces, xa nos quedaron moi claros as parroquias do noso pobo. Por iso aproveitamos os coñecementos adquiridos para realizar un puzzle do noso concello. O proceso que se levou a cabo foi o seguinte:
Primeiro tras un debuxo do mapa de LOBIOS en A3 recortamos as parroquias. Acto seguido, recubrimolas con papel aironfix de diferentes cores, para asi distinguir as distintas parroquias que conforman o concello.
Para rematar, fixemos uns carteis cos nomes de cada unha e pintámolas con cores alegres. Para despois con velcro poder pegar cada cartei, localizando así, a parroquia que a cal se lle corresponde.
! DE ESTE MODO TODOS OS NOSOS COMPAÑEIROS DO COLEXIO PODERÁN SABER LOCALIZAR AS PARROQUIAS DO POBO NO QUE VIVIMOS !
MIRADE QUE CHULO E ALEGRE NOS QUEDOU

VÓS QUE OPINADES?





No hay comentarios:
Publicar un comentario