viernes, 15 de enero de 2016

ACTIVIDADES COMÚNS: SESIÓN 1, PRESENTACIÓN DO PROXECTO

O día 15 de xaneiro fomos todos a biblioteca porque nos agardaba unha sorpresa!
Primeiro puxéronnos un vídeo e pedironnos que estivesemos moi atentos a ver si recoñecíamos algo do que ibamos ver.


























E por suposto que recoñecemos moitas cousas porque era un vídeo de Lobios! DO NOSO CONCELLO!
Empezamos a falar e a falar e, a verdade, sabíamos moito da nosa localidade...Todos queríamos falar, todos tiñamos algo que decir... 
Estábamos entusiasmados.












 Pero aínda nos faltaban moitas cousas por descubrir porque esa xuntanza era para nos dicir que ibamos facer un proxecto para coñecer de verdade LOBIOS. E nese proxecto tiñamos que participar todos! TODO O CENTRO! O proxecto chámase 
COÑECEMOS LOBIOS!

 Para que nos fose máis doado dividimos o proxecto en cinco bloques, un para cada clase, e así, ao rematar de investigar, contarlle ao resto do cole os nosos descubrimentos:

  • Educación Infantil: O Parque Natural
  • 1º curso: A Vía Nova
  • 2º curso: Que é Lobios?
  • 3º e 4º curso: Termalismo
  • 5º e 6º curso: Tradicións

 Dentro deste último bloque a profe Milagros, tróuxonos unha malla (coas que se mallaba o millo) e estívonos explicando como se empregaba.










Agora, estamos desexando empezar a traballar nos nosos bloques: preguntando na casa, investigando na biblioteca, buscando en libros, entrevistando a xente do concello... hai moito por facer... Iremósvos contando! Estade atentos!





Aquí vos deixamos os vídeos completos que vimos o día que nos explicaron que ibamos facer o proxecto "Coñecemos Lobios"

Parque Natural

Que é Lobios?

Tradicións (A carretada)
Termalismo
Termanismo e Aquis Originis
Vía Nova

http://www.rtve.es/alacarta/videos/programa/via-nova-calzada-romana-contemporanea-del-coliseo-roma/1350978/

No hay comentarios:

Publicar un comentario