viernes, 5 de febrero de 2016

TERMALISMO - SESIÓN 2. INVESTIGANDO - FASE 1: TEORÍA DA DERIVA CONTINENTAL E PARTES INTERNAS DA TERRA

Nesta sesión de  introdución os alumnos e nenas achéganse ao concepto de termalismo a través da súa definición:
     "se chaman augas termais ás augas minerais que saen do solo con máis de 5ºC ca temperatura superficial. Estas augas proceden de capas subterráneas da Terra que se encontran a maior temperatura. Polo xeral encóntranse ao longo de liñas de fallas, xa que poden introducirse as augas subterráneas que se quentan ao chegar a certa profundidade e soben despois en forma de vapor (géiser) ou auga quente".

     Normalmente, a presenza xeográfica das augas termais ten que ver coas zoas montañosas ou volcáns.

     Para que entendan o fenómeno das fallas terán que saber primeiro nocións básicas sobre a Teoría do movemento de placas tectónicas.
        Unha vez asimilados os seus puntos claves imos tratar os diferentes elementos que inflúen neste proceso nas sesións seguintes. 


     Para cubrir as fichas terán que buscar información en fontes bibliográficas e na internet, onde traballaremos usando texto, imaxe e vídeo.
    
    

  Comezamos a nosa búsquea preguntándonos quen foi Alfred Wegener, qué teoría formulou e en que consiste, buscarán canto tempo fai que que Terra estaba formada por unha única masa e como se chamaba o seu supercontinente e o seu único océano. Para rematar terán que facer uns debuxos esquemáticos da evolución da Pangea ata a configuración actual dos continentes.

Nesta primeira sesión tamén aprenderán a división da Terra dende dentro, coas súas partes mais salientables e para finalizar terán que debuxar a Terra e as súas capas internas e externas.

“Con esforzo e perseverancia poderás alcanzar as túas metas.”


Quique explicando cómo evolucionou a xeografía da Terra dende fai 
300 millóns de anos ata a actualidade

David sinalando o núcleo interno da Terra

No hay comentarios:

Publicar un comentario