A motivación desempeña un papel fundamental nos procesos de adquisición da aprendizaxe, pero tamén a elección de estratexias de ensinanza. Por ende imos a usar métodos baseados no traballo cooperativo para potenciar o gusto pola investigación e polo descubrimento. Aprender facendo mediante a resolución de problemas é unha estratexia imprescindible para lograr unha aprendizaxe significativa.
Con estes métodos ensinamos a aprender a partir da relación activa do contorno, manipulando, experimentando, preguntando e ensaiando. E é nesa interacción onde os descubrimentos e as novas experiencias actúan como desencadeantes de novos coñecementos.
Con esta parte do proxecto queremos potenciar a responsabilidade de cada un e tamén colectiva, a comunicación entre os membros do grupo e do resto da comunidade educativa, o liderado compartido, a repartición de responsabilidades, a diversidade enriquecida pola contribución das individualidades, a análise crítica da información, a capacidade de síntese, a globalización dos contidos traballados e a participación das familias nas actividades de aprendizaxe.
Quique
Héctor
Arón
Felipe
Movilla
Ismael
Vanie
Carla
Para investigar sobre os diferentes termos terán como única referencia as preguntas que eu lles fago nas fichas que confeccionei, para o cal teñen que usar fontes bibliográficas, artigos periodísticos, preguntar na casa e buscar na Internet.
Nas fichas, ademais de elementos escritos teñen que facer debuxos. Os mellores serán refeitos para a elaboración do produto final. Ao rematar cada sesión faremos unha posta en común dos resultados para obter as respostas mais salientables.
Para o traballo os alumnos organizaranse en grupos de 4 alumnos e cada grupo terá un líder de grupo que será quen de coordinar aos demais e de dirixirse ao mestre en cantas dúbidas xurdan no proceso ensinanza aprendizaxe. O método empregado é o aprendizaxe por descubrimento.




No hay comentarios:
Publicar un comentario