viernes, 3 de junio de 2016

ACTIVIDADES COMÚNS:SESIÓN 12, EXPOSICIÓN NA SEDE DO PARQUE NATURAL

DATA: 3 DE XUÑO

Por fin chegou o día da exposición do noso proxecto. Neste día daremos a coñecer o resultado de toda esta experiencia de facer un Proxecto Documental Integrado no colexio.

O venres 3 de xuño inauguramos ás 11:00 da mañá o noso proxecto na sede do Parque Natural. En este día contamos coa presenza da Xefa Territorial de Educación, a Xefa Territorial de Medio Ambiente, a alcaldesa de Lobios, a nosa asesora do Cefore e moitas familias que se interesaron en vir a coñecer o resultado final de este proceso.

As once da mañá fixemos a foto de familia xunto coas autoridades.



Acto seguido a directora do colexio deu a benvida a todolos asistentes, depois un alumno de sexto curso realizou unha introdución sobre o proxecto Coñecemos Lobios e un alumno/a de cada bloque do proxecto realizou unha breve introdución sobre o mesmo:
A directora
Introducción proxecto
Parque Natural
Vía Nova
Tradicións








Que é Lobios?



Termalismo



Despois da presentación tódolos asistentes puideron pasar a ver os diferentes paneis  e recunchos sobre cada bloque temático do noso proxecto:




Parque Natural

Vía Nova

Que é Lobios?

Termalismo

Tradicións
Durante a xornada tamén tivemos tempo de festexar e repor forzas cuns bos pinchos con tódolos asistentes













Finalmente e para rematar a xornada de exposición recibimos a boa noticia de que a dirección do Parque Natural pediunos que deixaramos a exposición durante mais días para que a xente a puidese ver nos días sucesivos xa que xerou unha gran expectación.

MOITAS GRAZAS!!!









Deixámosvos o vídeo do día de hoxe


No hay comentarios:

Publicar un comentario