DATA: 20/05
Agora que chega o final do noso proxecto quédanos realizar o cartel co título do mesmo: COÑECEMOS LOBIOS.
Para elo xuntámonos todos no patio traseiro do colexio e comezamos a cubrir as letras do noso título coas imaxes de todo o proceso dos diferentes Bloques.
Unha vez pegadas as imaxes as letras pomos estas sobre unhas láminas de poliespan recubertas coa tela malva para poñer o cartel o día da exposición na entrada da sede do Parque Natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario