DATAS: días 26 e 27 de Maio.
Para celebrar o Día Internacional dos Parques Naturais, os traballadores de dito Parque invítannos a celebrar con eles esta data tan sinalada sabendo do noso proxecto.
Nestes dous días visitamos a aldea de Salqueiro, declarada aldea de especial protección dentro da Reserva da Biosfera da Peneda-Gères.
Na primeira xornada (día 26) embarcámonos a coñecer esta aldea do Xurés o alumnado de Infantil, primeiro e segundo de Primaria. Durante o día ensínanos a facer o pan e realizamos os nosos boliños de pan con chourizo para recordar a actividade de alimentarnos como se facía no século anterior os nosos avós.
Tamén visitamos o forno do pobo e o muiño ademais de facer de investigadores observando e aprendendo cousas sobre os bufos e mirando polo microscopio mostras de plantas e algunha bacteria (ácaro).





Tamén visitamos o forno do pobo e o muiño ademais de facer de investigadores observando e aprendendo cousas sobre os bufos e mirando polo microscopio mostras de plantas e algunha bacteria (ácaro).
Ademais tamén aproveitamos o día para recordar todos as plantas do Parque e observar a fauna que nos acompaña.
Na segunda xornada (día 27) tócalle o turno ao alumnado dende terceiro a sexto de Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario